PRINCIPAL
PROXECTO LV
CS (O SINDICATO)
ACCIÓN
RADIOFUME
GALERÍA
LIGAZÓNS
AXENDA
CARNÉ LEÑAVERDE


Fai turismo por Galicia :

· LA LLAVE
· BARSOWIA nº1
· O FANZINE DAS XORNADAS

Mándanos o teu fanzine!!

 Centro Social - O Sindicato


O Sindicato supón a concreción do proxecto lv nun edificio especializado. Un equipamento cultural que traballa con criterios de co-xestión participada, flexibilidade de horarios e calidade de procesos e recursos, un centro que facilita e promove a creación contemporánea dende Boiro e que está conectado co mundo.


CENTRO ABERTO

Utilizamos a fin de semana para ampliar horarios e mellorar o servizo e facémolo propoñendo ESPAZOS AUTOXESTIONADOS, baixo a responsabilidade de asociacións, colectivos libres ou persoas individuais que necesitan utilizar un equipamento que é seu.

CENTRO PARTICIPADO

Moitas das asociacións máis activas do concello traballan aquí: Barbantia, Arelas, Camiño Real, Cruz Vermella, Down Compostela, Banda de Música, etc.
E tamén o fan as pequenas empresas culturais que estamos propiciando como é o caso de Fungo e Xarelo.
Todas e todos eles son RESIDENTES do centro e teñen acceso a os mesmos recursos que o persoal contratado.
Estamos Fidelizando a usuarios e residentes cunha “tarxeta de socio” que nos sirve para optimizar os usos dos espazos e para mellorar a COMUNICACIÓN e a identificación co centro.



CENTRO MODERNO


Temos unha programación propia que define a imaxe que queremos trasladar. Nestes anos este equipamento adquiriu unha personalidade propia e unha presencia pública moi importante a través do fomento de servizos e actividades que este ano nos permiten lanzar Leñaverde edicións.

LEÑAVERDE EDICIÓNS

Edicións gráficas :

Guia comarcal de novos creadores


Edicións musicais :
Radiofume, músicas do Barbanza.

Edicións audiovisuais :
Curtas ACCIÓN!

Edicións literarias en colaboración con NOVA BARBANTIA



TODA UNHA PRODUCCIÓN CULTURAL PROPIA QUE AGORA NOS DISPOÑEMOS A EXPORTAR. CIRCUITOS MUNDIAIS DE CREACIÓN CULTURAL.....PREPARAIVOS!! LEÑAVERDE IS HERE


     

Todofume.com é a versión dixital do proxecto LEÑA VERDE. 2007. © by FUNGO