1. Poderán participar no IV Festival de Cinema Novo.ACCIÓN! os creadores
individuais ou colectivos que non dirixiran ningún traballo profesional,
independentemente da súa residencia e nacionalidade.
2. As curtas teñen que estar feitas en Galego, no caso contrario deberán de ser
subtituladas.
3. Poden participar tódalas curtas gravadas no ano 2008 e que non gañasen
ningún outro certame. A inscrición farase na páxina www.todofume.com
antes do 5 de Setembro de 2008.
4. Os participantes que queiran gravar o seu proxecto teñen á súa disposición
material ( cámara HDV, micros, iluminación,... ) e apoio de produción. A
organización poñerase en contacto cos equipos e a única condición é que
teñen que gravalo en Boiro.
5. Admítense curtametraxes de ficción, de animación e documentais.
6. A duración non superará os 10 minutos e terán un mínimo de 3.
7. As curtametraxes enviaranse á seguinte dirección antes do Mércores 26 de
Setembro.
FESTIVAL DE CINEMA NOVO ACCIÓN!
Átt: FUNGO, SOCIEDADE COOPERATIVA
Centro Social de Boiro
R/ Manuel María s/n, 5º - c.p.15930 Boiro - A CORUÑA
8. As curtametraxes teñen que estar en DVD con formato .avi e acompañadas
dunha ficha técnica, que incluirá:
título, xénero, duración, un fotograma da película ( resolución mínima de 150 ppp ) e
unha fotografía da rodaxe e do director con permiso para usalas.
9. Tódolos traballos seleccionados serán exhibidos no IV Festival de Cinema
Novo.ACCIÓN!, que se desenvolverá os días 31 de Outubro, 1 e 2 de Novembro
do 2008.
10.Os representantes das curtas están invitados pola organización a aloxarse en
Boiro durante o fin de semana do festival.
11.Os produtores das curtas gañadoras cederán os seus dereitos para a
elaboración de un DVD promocional, sen fins comerciais. As obras
seleccionadas pasarán a formar parte da rede de distribución e exhibición do
Concello de Boiro.
12.O xurado estará composto por 5 membros, profesionais do mundo do cine e da
televisión, ademais dun representante da administración.
13.A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
PREMIOS
IV FESTIVAL de CINEMA NOVO. ACCIÓN!
A mellor curtametraxe:
unha bolsa de produción por valor de 2000 € do Concello
de Boiro para realizar un traballo audiovisual durante o
2009 + galardón. |