PRINCIPAL
PROXECTO LV
CS (O SINDICATO)
ACCIÓN
RADIOFUME
GALERÍA
LIGAZÓNS
AXENDA
CARNÉ LEÑAVERDE


Fai turismo por Galicia :

· LA LLAVE
· BARSOWIA nº1
· O FANZINE DAS XORNADAS

Mándanos o teu fanzine!!

Proxecto LEÑA VERDE

desde : 2000
áreas : cultura e mocidade – novos creadores
destinatarios : comarca do Barbanza (120.000hab.)
territorio : 720km2
promotor : concello de Boiro xunto con 35 novos creadores


OBXETIVOS

· Dinamización da mocidade da comarca a través da cultura

· Visualización dunha rede comarcal de novos creadores

· Apoio á creación e á difusión do traballo deste grupo poboacional (45% do total)

· Creación de tecido social e profesional relacionado ca creatividade

· Proxección de imaxe de comarca puxante e innovadora

COMPRE DESTACAR

· A implicación conseguida por parte do colectivo ao que vai dirixido e o que esto supón en canto á aplicación de metodoloxías participadas e de proximidade na xestión cultural.

· Fortalecemento da marca leñaverde entre a mocidade e a súa conexión con diferentes axentes, o que está posibilitando que o proxecto medre constantemente.

· Xurdimento de dúas iniciativas empresarias directamente relacionadas co proxecto: fortalecemento do tecido social pero tamén empresarial relacionado.

· A centralidade conseguida polas dinámicas creativas na gobernanza municipal a raíz desta experiencia.

EXPERIENCIA

2000
Fase 1: achegamento á xuventude
Programa sociocultural de activación da mocidade a través da Cultura. CUMPRIDO
 
2003
Fase 2: creación da rede comarcal de novos creadores
Apoio á creación e difusión de novos valores. CUMPRIDO

2006
Fase 3: a perspectiva profesional
Posta en marcha de leñaverdEdicións
 
Edicións gráficas
Catálogo nº1: “rede comarcal de novos creadores”
Catálogo nº2: “cultura guerrilla, arte de rúa no Barbanza”
Xestión directa do Concello de Boiro a través de grupos creativos informais
Financiación mixta
 
Edicións audiovisuais
Paquete de curtas Boiro2005
Paquete de curtas Boiro2006
Xestión indirecta a través da ILE audiovisual de nova creación “Fungo”
Financiación mixta
 
Edicións musicais
Maquetas propias e difusión web con licencias libres de grupos da comarca
Promoción de novos grupos
Xestión indirecta a través de escola de música- “coop. Xarelo” (ILE impulsada dende aquí)
Financiación mixta
 
2008
F ase 4: O SINDICATO _ centro comarcal de novos creadores
Establecemento dun centro de creación debidamente dotado que sirva de dinamizador
da comarca cunha planificación integral e unha xestión participada.

*o centro social de Boiro está traballando na actualidade a un 60% con estes criterios.
E medrando
Quiosco

CN Creadores

Xa podedes descargar a versión en .PDF do Catálogo de Novos Creadores do Barbanza, o que traducido sería o LEÑAVERDE07, un completo resumo de tódos (ou case...) os autores que participaron e participan con este proxecto.
Esta versión aínda que está moi comprimida, ocupa os seus 15 Mb. Un pouquiño de paciencia mentras descarga...

DESCARGAR REVISTA

 

Todofume.com é a versión dixital do proxecto LEÑA VERDE. 2007. © by FUNGO